O noso proxecto orquestral

Foi creado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela – CampusCulturae no marco do Festival SonUtopías, co obxectivo de ofrecerlles aos nosos estudantes, dende o primeiro momento, a oportunidade de participar e aprender sobre o mundo dunha orquestra de cámara.

Deste xeito, os estudantes de violín, viola e violonchelo poden integrarse nun todo.

Aprendizaxe Musical en Grupo

Aprende coa práctica en grupo, coñece as peculiaridades dos instrumentos e comparte proxectos musicais con compañeiros de diferentes idades e niveis.

Ademais, a intención pedagóxica do programa é colaborar con diversos grupos e músicos para enriquecer o talento musical do noso alumnado.

Actividades

Interesado nalgunha actividade?

Para apuntarte a calquera das nosas actividades, pide cita no noso centro para que poidamos informarte de como facelo.

Non te perdas nada

Suscríbete á nosa Newsletter

Queres estar ao día das nosas actividades?
Déixanos o teu correo electrónico para non perderte nada.